O Concello de Ordes e Club de Atletismo A Silva-Ordes celebra a I edición da San Silvestre non competitiva, o domingo 31 de decembro de 2017 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago)
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou resultado algún.
- INSCRICIONS: O prazo de inscrición rematará o xoves 28 de decembro de 2017 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
- RECOLLIDA DE DORSAIS: recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN a carón da SAIDA ata MEDIA HORA antes do inicio da proba.
- PARTICIPACIÓN: Os inscritos doarán alimentos ou outros produtos non perecedoiros a Cáritas Ordes no posto situado a tal fin ao carón da saída.
Ao final do evento, os participantes recibirá unha camiseta e agasallo, ademais de haber chocolate quente e roscón para os mesmos.