O Concello de Monterroso organiza a I San Silvestre de Monterroso. A proba organizarase o vindeiro 31 de decembro, con saída e meta na cúpula e discorrerá por distintas rúas da vila.
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Inscrición: pecharase o XOVES 28 de decembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións fora de prazo.
A proba terá carácter SOLIDARIO sendo os dereitos de inscripción GRATUÍTOS, mais cada participante deberá colaborar cunha ración de alimentos non perecedeiros ou cun xoguete que será doado ao Banco de alimentos e xoguetes do Concello de Monterroso.
Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (na cúpula), ata 30’ antes da saída de cada proba.
Premios:
- Trofeo aos primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro.
- Trofeo aos primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro.
- Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
- Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ao primeiro clasificado tanto masculino como feminino, e medalla conmemorativa ao segundo e terceiro..
- A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón Lorenzo Varela e comezará, aproximadamente, ás 18.15h.
Servizos para os participantes:
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios e duchas na cúpula.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia.