Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Guntín, domingo 25 agosto 2019

I MILLA CONCELLO DE GUNTÍN - CTO DE GALICIA 1KM RUTA MENORES - CTO PROV. ABS MILLA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER C 1 inscritos 12:05 1,61 km 22/08/2019 2,00 plazas
MÁSTER B 2 inscritos 11:55 1,61 km 22/08/2019 2,00 plazas
MÁSTER A 9 inscritos 11:45 1,61 km 22/08/2019 2,00 plazas
SENIOR 6 inscritos 12:30 1,61 km 22/08/2019 2,00 plazas
SUB 18 - 20 - 23 4 inscritos 12:30 1,6 km 22/08/2019 0,00 plazas
SUB 16 2 inscritos 11:30 1 km 22/08/2019 0,00 plazas
SUB 14 3 inscritos 11:20 1 km 22/08/2019 0,00 plazas
SUB 12 7 inscritos 11:10 1 km 22/08/2019 0,00 plazas
SUB 10 3 inscritos 11:00 1 km 22/08/2019 0,00 plazas
PITUFOS 7 inscritos 12:20 0,1 km 22/08/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 44 inscritos
O Concello de Guntín organiza a I Milla Urbana Concello de Guntín-Cto Provincial absoluto de Milla e Cto Galicia de 1km ruta de menores. A proba organizarase o vindeiro Domingo 25 de agosto de 2019, con saída e meta na Travesía Meixaboi. A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. 

Inscricións: Ata o xoves día 22 de agosto ás 23:59 horas. 

A inscrición para o Campionato de Galicia de 1km en ruta para as categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16, será a través do ligazón da RFEA (Aquí) e terán que ser os clubs os que inscriban no campionato aos seus atletas. Máis información na Circular 87-2019 do Campionato.
A inscrición no Campionato será gratuíta, pero o/a atleta que non se inscriba na proba popular do Concello de Guntín a través de carreirasgalegas.com,  perderá a opción a recibir calquera tipo de premio ou trofeo das carreiras populares. 

Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada na Rúa Meixaboi ata 45’ antes da saída de cada proba.

Servizos para os participantes: 
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuito.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

Premios: 
  • Medalla da FGA para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos das probas do Cto de Galicia de menores. 
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta referida ao Cto Provincial. 
  • Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos da proba popular.
  • Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
  • Nas categorías de menores darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será aproximadamente, ás 12.45h.