CONSULTA O NÚMERO DO TEU DORSAL (Aquí)
BOXFIT e CASCO, asociacións sen ánimo de lucro, organizan o “I CARRERA COSTA ARTABRA” carreira popular a pé e en liña, entre os concellos de Oleiros e A Coruña, o día 12 de MARZO DE 2023 ás 10 da mañá.
INSCRICIÓN: ata o MÉRCORES 8 de marzo do 2023 ás 23:59.
RECOLLIDA DE DORSAIS: os dorsais recolleranse en DECATHLON do CC MARINEDA CITY, na Coruña, o venres 10 de marzo en horario de 18:00 a 21:00 e o sábado 11 de marzo de 10:00 a 21:00 horas.
DORSAL SOLIDARIO: Tendo en conta que o evento é solidario, establécese Este dorsal ou “fila cero” para aqueles que, sen participar na carreira, queiran realizar unha contribución económica para colaborar coas actividades de deporte inclusivo de persoas vulnerables e/o enfermas de VIH que realizan ambas as asociacións.