O Concello de Dumbría en colaboración co equipo Conco Box organizan a proba deportiva popular (proba deportiva a nivel popular de atletismo de cross con obstáculos) denominada: «I CROSS DE OBSTÁCULOS CONCELLO DE DUMBRÍA», coas debidas autorizacións da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Dumbría.
A proba disputarase o día 15 de xuño de 2019, con saída e chegada no circuíto de cross das instalacións deportivas do Conco (DUMBRIA), en formato de proba deportiva popular (proba deportiva con control de tempos).
OPCIÓN 1 PERCORRIDO LONGO
Circuíto cunha distancia total de 7,5km. 3 voltas a un circuíto de 2,5 km por volta. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
OPCIÓN 2 PERCORRIDO CURTO.
Circuíto cunha distancia total de 2,5km. 1 volta a un circuíto de 2,5 km. Dito percorrido estará deseñado cun número de obstáculos determinado que os participantes deberán superar.
INSCRICIÓN
Apertura: 15 de maio de 2019 a partir das 12,00 h
Peche inscricións: 12 de xuño ás 23,59 h.