Ferrol, domingo 11 maio 2014

I CARRERA SOLIDARIA S.O.S. DROGODEPENDENCIAS FERROLTERRA.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos

As inscricións a través da web pecharanse o xoves 8 de maio ás 22:00


A Asociación "ASFEDRO" xunto á colaboración do "Club Castro de Lobadiz" organizan a "I Carreira Solidaria S.O.S. Drogodependencias Ferrolterra". A proba celebrarase o día 11 de maio de 2014 a partir das 10:00 horas. A saída e meta estará situada xunto á Piscina de Caranza (Ferrol).

ASFEDRO (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) constitúese por iniciativa social en 1985 para dar unha resposta integral e profesional fronte a problema que causa o consumo de drogas. É unha entidade sen ánimo de lucro, que funciona con axudas públicas, homologada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Así pódese ofrecer un servizo universal e gratuito avalado por un equipo multiprofesional formado por 28 personas.

Un dos obxetivos de ASFEDRO é a Área de prevención, desenvolvendo un traballo de sensibilización, información, asesoramento e formación sobre o consumo de drogas.
Debido aos problemas económicos polos que atravesa a entidade, coa organización desta carreira solidaria esta asociación pretende conseguir fondos económicos para continuar coa súa labor asistencial e seguir ofrecendo uns sevicios de calidade a toda a poboación en xeral e en particular ás personas afectadas por esta enfermidade que causa unha problemática social complexa e degradante na vida das personas que a padecen.