O Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, s.l., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos de 6 de medicina RunForMed, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 23 de Abril de 2015, na zona do Campus Vidq da Universidade de Santiago de Compostela a I Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube-RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden as asociacións sen ánimo de lucro, Fundación Arela, de apoio a infancia e a mocidade e a Asociación ASANOG, de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia.
- Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Praza de Rodríguez Cadarso, e o punto de chegada será no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, habilitaráse un servizo de duchas, vestiarios e gardarroupa para todos os participantes. A carreira dará 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5,7 km.
Estableceranse as seguintes categorías:
CADETE Nados/as no 2000 e 2001
XUVENIL Nados/as no 1998 e 1999
JUNIOR Nados/as no 1996 e 1997
PROMESA Nados/as no 1993, 1994 e 1995
SENIOR Nados/as entre 1981 e 1992
VETERANOS/AS A Nados/as entre 1971 e 1980
VETERANOS/AS B Nados/as entre 1961 e 1970
VETERANOS/AS C Nados/as en 1960 e anteriores
INSCRICIONS: ata o luns 20 de abril ás 00:00 horas.
Presencial, en todos os locais de Campus na Nube ubicados nas Facultades de Farmacia, Dereito, Psicoloxía, Medicina, Filoloxía, Económicas e Aulario Novoa Santos con prazo límite o luns 20 de abril as 19:00 horas.
Dado o carácter solidario da proba en beneficio das asociacións mencionadas, as inscripcións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O citado donativo irá dirixido íntegramente e a partes iguais para ambas asociacións e será entregado públicamente ao remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio de atletismo da USC.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 22 no local de Campus na Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia en horario de 8:30 a 19:30 horas., e ate unha hora antes da saída da proba (23 de abril as 19:30 hs.).
Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias.
PREMIOS
MEDALLAS os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba absoluta.
AGASALLOS dos colaboradores.