QUEN É A ANEDIA?
A ANEDIA nace como asociación no ano 2013 froito da inquietude de varias familias con nenos e nenas con diabetes tipo 1.
A ANEDIA ten dentro dos seus obxectivos o de asesorar e proporcionar axuda social, sanitaria, psíquica, física, laboral, legal, terapéutica e de asistencia a tódalas persoas afectadas pola diabetes do tipo I de menos de 30 anos, así como ás súas familias e ó seu medio social, co fin de logra-la integración total de este colectivo, facendo fronte a esta enfermidade de forma activa e positiva.
A ANEDIA busca promover, crear e organizar accións sociais, sanitarias, educativas, informativas, de concienciación, divulgación etc. a través de obras de sensibilización, normalización e visibilización desta enfermidade cara á sociedade e cara ás institucións, obxectivo fundamental da organización desta proba.
CARACTERÍSTICAS DA PROBA
Trátase dunha carreira onde poden participar deportistas de tódalas idades, dende as máis pequenas e pequenos ata as persoas de máis idade.
O circuíto está situado entre a praza Maior e o porto comercial, onde se atopa un circuíto homologado en que as persoas participantes a partir de 16 anos farán 3 km, por unha zona urbana e sen desniveis. Poderán participar atletas federados/as e non federados/as.
INSCRICIÓNS: ata mércores 6 de xullo.
OS BENEFICIOS DESTA PROBA IRÁN DESTINADOS A SUBVENCIONAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA NENAS, NENOS E XENTE NOVA QUE ORGANIZA ANEDIA.