Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €704,50

Vilagarcía de Arousa, domingo 31 maio 2015

I CARREIRA SOLIDARIA LADESOL “CORRO POR TU SUEÑO”

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 258 inscritos 11:00 8,7 km 28/05/2015 6,00 plazas
ANDAINA 413 inscritos 10:15 4,5 km 28/05/2015 3,00 plazas
INF - CAD -XUV (1998 - 2003) 53 inscritos 10:30 2,9 km 28/05/2015 3,00 plazas
BENX - ALEV (2004 - 2007) 120 inscritos 10:00 0,87 km 28/05/2015 2,00 plazas
CHUPETE E PREBENXAMÍN (2011 - 2008) 175 inscritos 12:00 0,1 km 28/05/2015 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 1019 inscritos
A Fundación LADESOL organiza a I Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 31 de maio do 2015 na localidade de Vilagarcía de Arousa baixo o control técnico da Federación Galega e Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. 

LUGAR DE SAÍDA
  • A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos minicines (Ruta de Senderismo do Concello)
  • A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.

INSCRICIÓNS: A data límite para inscribirse será o 28 de maio do 2015

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais realizarase no Colexio San Francisco o sábado 30 de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da proba.

Todo o recadado irá a parar a Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor, para colaborar en 3 proxectos que se realizan en Angola:
1. En Sumbe: Proporcionar axuda a nenos ingresados no servicio de Ciruxía Ortopédica do “Hospital Provincial 17 de septiembre”.
2. En Luanda: Apoiar a nenos con idades comprendidas entre 6 e 15 anos portadores de diabetes xuvenil.
3. En Chingo-Sumbe: Apoio escolar a mozos/as de baixos recursos. 

PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguíntes:
  • Premio á mais Nova (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio ó mais Novo (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio á mais Veterana (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio ó mais Veterán (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguíntes:
  • Categorías Chupete e Prebenxamín: Medallas para todos os participantes.
  • Categorías Benxamín,Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil: Medalla para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
  • Categorías Junior, Promesa, Senior e Veterán: Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
SERVIZOS (persoal sanitario, ambulancia, duchas, avituallamento,...) 
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.

Haberá recollida de tapóns de plástico.