Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €33,00

Santiago de Compostela, domingo 29 marzo 2020

I CARREIRA POPULAR SOLIDARIA POLA SEPSIS - APRAZADA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MÁSTER 64 inscritos 12:00 5 km 26/03/2020 5,00 plazas
SENIOR 50 inscritos 12:00 5 km 26/03/2020 5,00 plazas
ESCOLARES 2 inscritos 12:00 5 km 26/03/2020 0,00 plazas
Inscrición pechada Total: 116 inscritos

PROBA APRAZADA


ORGANIZACIÓN: O Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela (todos, dende o xefe de servizo ata o asistente máis recente, tentamos participar dalgún xeito, aportando ideas e entusiasmo a este proxecto), baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo, organizará o domingo 29 de marzo a partir das 12 horas a I Carreira Solidaria Pola Sepsis, “Os teus kilómetros salvan vidas” no Campus Vida da USC.

Co obxectivo fundamental de informar á poboación xeral sobre unha patoloxía tan grave como a sepsis, unha gran descoñecida a nivel de rúa que sen embargo inunda constantemente as nosas unidades, esta carreira tentará recadar fondos que se destinarán íntegramete a axudar aos pacientes e afectados por esta enfermidade.  Os fondos empregaranse na melloría da calidade asistencial do paciente crítico e a colaboración co proxecto de humanización das UCIs.

PARTICIPACIÓN: Os participantes deberán situarse na liña de saída sita na Avda Antonio Raimundo Ibáñez o domingo 29 de marzo  ás 11.45 horas. 
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 26 de marzo ás 23.59 horas.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais poderán recollerse no lugar ata media hora antes do inicio da proba (11:30 horas). 
PREMIOS
  • Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os escolares
  • Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os da proba
  • Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os senior
  • Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os máster
  • Premio aos 3 equipos que máis participantes aporten á proba.
COMITÉ ORGANIZADOR
  • Coordinadora: Beatriz Lence, médico residente de Medicina Intensiva.
  • Colaboradores principales: Cristóbal Galbán, (xefe do servicio), Aitziber Santiago, Rebeca H. Vaquero, Isabel Lara Granja, Juan F. Villanueva (médicos do servizo de Medicina Intensiva).
COLABORADORES:
  • Loxística da carreira: Federación Galega de Atletismo.
  • Xestión económica: Fundación Instituto de Investigación de Santiago de Compostela.
  • Secretaría técnica: Centro de Negocios VIGO
  • Deseño artístico: Lence