Neda, sábado 02 xullo 2016

I CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE NEDA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10 KM 84 inscritos 12:10 10 km 30/06/2016 4,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 84 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5 KM (XUV - AFECCIONADOS) 35 inscritos 12:10 5 km 30/06/2016 4,00 plazas
CARREIRAS MENORES 46 inscritos - - 30/06/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 81 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 49 inscritos 12:10 5 km 30/06/2016 2,00 plazas
ANDAINA MENORES DE 12 ANOS 7 inscritos 12:10 5 km 30/06/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 56 inscritos
O Concello de Neda organiza a I Carreira Solidaria Concello de Neda. A proba celebrarase o día 2 de xullo de 2016 comezando a quenda de carreiras a partir das 11:00 horas. A saída e meta estará situada no Pavillón Municipal de Deportes de Neda.

HORARIOS
11:00 h. Infantís, nados nos anos 2004/2003 e Cadetes nados nos anos 2002/2001 : 2.000 m.
11:20 h. Alevíns, nados nos anos 2006/2005: 1.000 m.
11:30 h. Benxamíns, nados no ano 2008/2007: 800 m.
11:45 h. Prebenxamíns, nados no ano 2010/2009: 100 m.
12:00 h. Biberóns, nados no ano 2011: 80 m.
12:10 h. Xuvenil e Afeccionado (nados no 1998 e anteriores): 5.000m
12:10 h Desde categoría Junior ata veterás: 10.000 m.
12:10 h. Andaina 5.000 m. (Saída inmediatamente despois da saída da carreira absoluta).

INSCRICIÓNS: pecharanse o xoves 30 de xuño. O mesmo día da carreira non poderán realizarse inscricións.
SERVIZOS:
  • Contaremos con espazos para estacionamento debidamente sinalizados nas proximidades.
  • Duchas e vestiarios: Pavillón Polideportivo de Neda.
  • Na zona de meta estableceráse o avituallamiento final para todas as carreiras e un avituallamiento intermedio para a carreira de 10.000 m.
TROFEOS E PREMIOS
  • Todas as persoas participantes nas categoría de biberóns e prebenxamíns recibirán medalla ao remate da proba.
  • As tres primeiras persoas clasificadas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns tanto masculina como feminina, recibirán medalla.
  • Recibirán trofeo as tres primeiras persoas da clasificación absoluta dos 5.000m afeccionados. 
  • Tamén recibirán trofeo as tres primeiras persoas da clasificación absoluta dos 10.000 tanto homes e mulleres.