Curtis, sábado 05 xullo 2014

I Carreira Popular Pedestre Concello de Curtis e CAMPIONATO GALEGO DE 5 KM EN RUTA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
Ampliación do prazo de inscrición ata o xoves 3 de xullo ás 24:00

O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes organiza o sábado 5 de xullo de 2014 a partir das 20:35 horas, a I edición da Carreira Popular Curtis-5K que será a súa vez Campionato Galego absoluto e das categorias xuvenil, junior, promesa e veteranos de 5 km en Ruta 2014. 

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . 

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega e Atletismo. 

CATEGORIAS DE PARTICIPACION: Para a Carreira Popular Curtis-5K as categorías de competición serán as seguintes: 
 
PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores* 
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2007 e 2008 e 2009* 
BENXAMIN atletas nados no 2005 e 2006 
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004 
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002 
CADETE atletas nados no 1999 e 2000 
XUVENIL atletas nados no 1997 e 1998 
JUNIOR atletas nados no 1995 e 1996 
PROMESA atletas nados no 1992, 1993 e 1994 
SENIOR atletas nados entre 1991 e 1980 
VETERANOS A atletas nados entre 1969 e 1979 
VETERANOS B atletas nados entre 1968 e 1959 
VETERANOS C atletas nados en 1958 e anteriores 
VETERANAS D atletas nadas entre 1969 e 1979 
VETERANAS E atletas nadas en 1968 e anteriores 
 * As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas 

Para o Campionato Galego de 5 km en ruta tomaranse como referencia as categorías contempladas nos regulamentos da FGA e RFEA para probas en ruta que se publicarán de xeito previo á proba na circular do campionato na web www.atletismogalego.org. 
 
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego na distancia de 5 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA RÚA MESTRE EDUARDO FARIÑA (diante do polideportivobde Curtis). 
 
HORARIO
20:35 h Pitufo  300 m aprox 
20:45 h Prebenxamín 500 m aprox 
20:55 h Benxamín e alevín 1000 m aprox 
21:05 h Infantil e cadete 2500 m aprox 
21:30 h Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos 5 km homologados pola RFEA 
22:20 h ENTREGA DE PREMIOS.

INSCRICIONS 
Os participantes na proba absoluta e nas probas escolares da I Carreira Popular Curtis-5K, Concello de Curtis deberán realizar a súa inscrición na web www.carreirasgalegas.com. 
Información nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.fgatletismo.es, con data límite o xoves 3 de xullo ás 24 horas. 

Os atletas con licencia federativa que participen no campionato galego de 5 km en ruta deberán realizar a súa inscrición a través do sistema online da Real Federación Española https://isis.rfea.es/sirfea2/ con prazo límite o martes 2 de xullo ás 20 horas. 

PARA TOMAR PARTE NOS PREMIOS DA CARREIRA POPULAR QUE SE DISPUTARÁ CONXUNTO AO CAMPIONATO GALEGO, OS ATLETA DEBERÁN FORMALIZAR O PAGO DA COTA DE INSCRICIÓN NA WEB www.carreirasgalegas.com. 
 
PREZOS DA INSCRICION 
- CATEGORIAS ESCOLARES (ata cadete incluido): GRATUITA 
- PROBA ABSOLUTA (de xuvenil en adiante): 5,00 € 
 
PREMIOS 
Na I Carreira Popular Curtis-5K, Concello de Curtis outorgaranse os seguintes premios: 
  • Medalla ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento da Proba agás nas categorías pitufo e prebenxamín. 
  • Trofeo o/a primeira clasificado/a local da carreira absoluta. 
  • Medalla ós tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta. 
 
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS 
 
HABERÁ DÚAS ENTREGAS DE PREMIOS: 
1º) PREMIOS DA I CARREIRA POPULAR CURTIS-5K, CONCELLO DE CURTIS 
2º) PREMIOS DO CAMPIONATO GALEGO (DENDE XUVENIL A VETERANOS)

RETIRADA DE DORSAIS 
Realizarase o día da proba no polideportivo de Curtis, a carón da saída das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado. 

Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo municipal de Curtis