Fene, sábado 08 setembro 2018

I CARREIRA POPULAR FESTA MARIÑEIRA - CONCELLO FENE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 278 inscritos 11:30 5 km 05/09/2018 0,00 plazas
MEDIANOS 13 inscritos 11:10 0,4 km 05/09/2018 0,00 plazas
PEQUERRECHOS 28 inscritos 11:00 0,2 km 05/09/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 319 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADAPTADA 5 inscritos 11:20 0,2 km 05/09/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 5 inscritos
O Concello de Fene e o Club Atletismo Fene organizan a I Carreira Popular da Festa Mariñeira - Concello de Fene. A proba terá lugar o sábado, día 8 de setembro de 2018 a partir das 11:00 horas. A saída e a meta estarán situadas diante da lonxa no Peirao de Barallobre.  
Participantes: a proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.  
Inscricións: ata as 23:59 h. do día 5 de setembro.
Retirada de dorsais: os participantes poderán retirar o dorsal o día 8 de setembro (na zona de organización situada no  Peirao de Baralobre) de 9:00 a 10:30 h.
Premios
  • Os tres primeiros clasificados de cada sexo da categoría absoluta recibirán un trofeo, ademais dun agasallo cortesía de Bodegas Barral.
  • Os dez primeiros clasificados de cada sexo da proba absoluta recibirán un vale de 20 € para gastar na Feira Mariñeira, cortesía do Concello de Fene.
  • Tódolos/as participantes das demais categorías recibirán unha medalla.
  • Haberá un trofeo para o/a participante de maior idade tanto masculino como feminino, que remate a proba.
Organizan:  Club Atletismo Fene, Concello de Fene, Federación Galega de Atletismo e Delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo.
Colaboran: Sedega, S.L. - Club BTT Fene - Protección Civil de Fene - Bodegas Barral.