A Laracha, sábado 23 xullo 2016

I CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 252 inscritos 19:00 10 km 21/07/2016 5,00 plazas
ESCOLARES 140 inscritos - - 21/07/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 392 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 88 inscritos 19:10 3,8 km 21/07/2016 5,00 plazas
ANDAINA MENORES 36 inscritos 19:10 3,8 km 21/07/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 124 inscritos
A Asociación Cultural Adro de Vilaño, en colaboración co Concello de A Laracha, organizan a I Carreira Popular do Apóstolo o sábado 23 de xullo de 2016 na localidade de A Laracha.
De forma paralela e para pechar o evento, a Asociación Cultural Adro de Vilaño, en colaboración con Cáritas de A Laracha e Seragra S.L. organizan unha Andaina Saudable -Solidaria.

ZONA DE SAÍDA - META: A saída e meta de todas as probas estará ubicada no espacio acondicionado do Adro de Vilaño, situado a 1,5 Km do casco urbano de A Laracha.
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 21 de xullo ás 22:00h.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o mesmo día da proba no CENTRO SOCIOCULTURAL DE VILAÑO, situado no ADRO DE VILAÑO (zona de saída e meta), nos seguintes horarios:
 De 11:30 a 13:30 (recomendable).
 De 15:00 ata media hora antes do inicio de cada proba.

HORARIOS
17:50  Benxamín 2007 - 2008 1.100 m 
17:50  Alevín 2005 - 2006 1.100 m 
18:10  Infantil 2003 - 2004 3.800 m 
18:10  Cadete 2001 - 2002 3.800 m 
18:45  Pitufo 2009 - 2013 110 m
19:00  Xuvenil 1999 - 2000 5.000 m 
19:00  Junior 1997 - 1998 10.000 m 
19:00  Promesa 1994 - 1996 10.000 m 
19:00  Sénior 1982 - 1993 10.000 m 
19:00  Veterano 1 1972 - 1981 10.000 m 
19:00  Veterano 2 1962 - 1971 10.000 m 
19:00  Veterano 3 1916 - 1961 10.000 m 
19:10  Andaina Saudable - Solidaria* Indiferente 3.800 m 

PREMIOS E AGASALLOS: Todas as persoas que finalicen a proba recibirán unha camiseta conmemorativa dentro da bolsa do corredor, que tamén poderá incluír diversos regalos que proporcionen os patrocinadores. A maiores, outorgaranse diferentes premios para todas as categorías que veñen especificados no regulamento.
SERVIZOS A CORREDORES: Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuita:
• Duchas (Pavillón do Instituto I.E.S. Agra de Leborís).
• Gardarroupa (Centro Sociocultural de Vilaño).
• Gardería con monitores para os nenos (Parque infantil do Adro de Vilaño).
• Aparcamentos para os coches (zonas cercanas ó Adro de Vilaño, con indicacións).
• Fotografía e vídeo.
• Fisioterapia.
• Avituallamento intermedio con auga.
• Avituallamento final.
Habilitaranse 4 estacionamentos gratuitos nos arredores da zona de saída / meta, que estarán debidamente sinalizados, con claras indicacións desde o casco urbano de A Laracha.