Castro de Rei, domingo 07 xaneiro 2018

I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 290 inscritos 10:30 14 km 31/12/2017 2,00 plazas
03/01/2018 4,00
SUB 16 - SUB18/20 42 inscritos 12:40 4 km 03/01/2018 0,00 plazas
SUB 12 - SUB 14 57 inscritos 12:30 2 km 03/01/2018 0,00 plazas
PEQUERRECHOS 56 inscritos 12:25 0,4 km 03/01/2018 0,00 plazas
PITUFOS 31 inscritos 12:20 0,15 km 03/01/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 476 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

O Concello de Castro de Rei organiza a I Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba organizarase o próximo 7 de xaneiro, con saída na Casa do Concello e discorrerá por vias da Deputación de Lugo, a meta será no núcleo poboacional de Castro Riberas de Lea.

Participación: A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.

  • A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta no núcleo de Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída.
  • O servicio de autobuses comezará ás 9.30, sendo o último servizo ás 10.10
  • A inscrición pecharase o MÉRCORES 3 de xaneiro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións o dia da proba. 
  • Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (indicar zona), ata 30’ antes da saída de cada proba.

Servizos para os participantes:

  • Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
  • Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
  • Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
  • Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída. O servicio de autobuses comezará ás 9.30, sendo o último servizo ás 10.05. Rógase a todos os participantes que non esperen o último servizo posto que poderán ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
  • Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
  • Vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta.
  • Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
  • Avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos.
  • Zona de lecer para nenos, delimitada e con monitores, para que os país podan desfrutar da súa carreira.
  • Ambulancia con médico

Premios: 

  • Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta. 
  • Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos. 
  • Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións. 
  • Na categoría de PEQUERRECHOS daráse medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
  • A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida farase no pavillón municipal e comezará, aproximadamente, ás 13.00h.