O Concello de O Pino organizará o sábado 23 de novembro a partir das 16:30 horas da tarde, na Área Recreativa de A Magdalena, a Carreira e Andaina Popular “5 KM POLA IGUALDADE”.
Esta proba entro dentro da laboura e compromiso social do Concello de O Pino na loita pola igualdade e prevención da violencia de xénero a través da práctica do exercício físico saudable. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
LUGAR DE SAÍDA e META: A saída e meta das probas estará situada na Área Recreativa de A Magdalena, a carón da Ermida da Magdalena.
OS PARTICIPANTES NA ANDAINA UBICARANSE NA PARTE DE ATRÁS DO GRUPO NO MOMENTO DA SAÍDA.
INSCRICIÓNS: Ate o 22 de novembro ás 14.00 horas
RECOLLIDA DE DORSAIS: Realizarase na zona de saída / meta desde ás 15:00 horas e ata 20’ antes do comenzo da proba.
PREMIOS E AGASALLOS: Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
Na carreira a pé outorgaranse os seguintes premios:
- Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría establecida no presente regulamento.
- Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os da proba, sexa cal sexa a súa categoría.
- Trofeo ao colectivo, clube ou asociación que aporte mais participantes á proba.
SERVIZO DE DUCHAS: Non existirá servizo de duchas na zona da proba. No caso de querer empregar dito servizo habilitarase o polideportivo municipal de Lameiro na localidade de Arca ubicado a 8 km da zona de saída/meta.
Para empregalo deberán contactar o día mesmo do evento coa organización.
AVITUALLAMENTO: Haberá servizo de avituallamento líquido na zona de meta a disposición dos participantes.