Narón, sábado 05 outubro 2019

I CARREIRA E ANDAINA “CORAZÓN ACIBRO”

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 4KM 106 inscritos 10:30 4 km 02/10/2019 2,00 plazas
CARREIRAS MENORES 124 inscritos - - 02/10/2019 1,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 230 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA ADULTOS 138 inscritos 10:33 3 km 02/10/2019 2,00 plazas
ANDAINA MENORES 73 inscritos 10:33 3 km 02/10/2019 1,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 211 inscritos

Anpa Acibro Colegio Jorge Juan Xuvia en marcha contra a Violencia de Xénero e Ciberacoso

Trátase dun proxecto educativo no que implicamos a toda a comunidade do Colexio Jorge Juan de Xuvia (Narón) na realización dunha actividade deportiva con fin solidario, recadar fondos para a Asociación ALVIXE e ó mesmo tempo lanzar un chamamento contra a Violencia de Xénero e o Ciberacoso.
A Anpa do Colexio Jorge Juan de Xuvia, a través da comunidade educativa, organiza o sábado 05 de octubre de 2019, a partir das 10:30 horas, a 1ª edición da Carreira-Andaina “CORAZÓN ACIBRO”.
A proba absoluta disputarase sobre a distancia de 4 Km. Todas as probas levaranse a cabo na localidade de Narón, no paseo marítimo de Xuvia, nun entorno anexo ó colexio Jorge Juan, e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. As probas estarán suxeitas ó seguinte:

Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federados de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero sí desexen participar neste primeira edición da Carreira-Andaina “CORAZÓN ACIBRO”.

HORARIO
10:30 ABSOLUTA e ESCOLARES D (2000-2004):  4 KM
10:33 ANDAINA                                                         3 KM
11:15 ESCOLARES A: (2011-2012)                                 500 m
11:25 ESCOLARES B: (2010-2009)                                 1 KM
11:40 ESCOLARES C: (2005-2008)                                 2 KM
12:00 PITUFOS: (2013-2016)                                   150 m
12:15 BIBERÓNS: (2017-ACTUALIDADE)                 30 m 
12:30 ENTREGA DE PREMIOS

INSCRICIÓNS: Ata o 2 de outubro de 2019
TODOS OS BENEFICIOS DA CARREIRA SERÁN ENTREGADOS Á ASOCIACIÓN ALVIXE.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o mesmo día da proba nas inmediacións das saídas das diferentes carreiras e da andaina, situadas no paseo marítimo de Xuvia (Narón) dende as 9:30 ata media hora antes do inicio de cada proba. 
PREMIOS 
  • Trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría. 
  • Ó gañador e á gañadora da carreira absoluta. 
SERVIZOS A CORREDORES
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuíta: 
  • Duchas: No colexio Jorge Juan de Xuvia
  • Gardarroupa
  • Avituallamento final