Manos Unidas organizará pola celebración do 60 Aniversario de Manos Unidas unha carreira por equipos na Cidade da Cultura, onde os compoñentes dos mesmo cooperen entre eles. A recadación será integra para colaborar cos proxectos nos que cada ano involúcrase Manos Unidas.
Participación: Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen maiores de 16 anos. A isncrición debe ser individual.
Competición: O obxectivo principal da competición do evento será dar 4 voltas de 2.500 mts. ao percorrido marcado, saíndo da Cidade da Cultura e penetrándose no Bosque de Galicia, en equipos de 4 persoas. Cada membro do equipo ten que realizar un relevo consistente en dar unha volta completa ao percorrido para que a totalidade dos relevos somen a distancia de 10 km aproximadamente.
Control da carreira: IMPRESCINDIBLE REFLECTIR NA INSCRICIÓN CO MESMO NOME DO EQUIPO Os 4 COMPOÑENTES DO MESMO
Os equipos:
Os equipos estarán formados por 4 corredores cada un deles, e estableceranse 4 categorías:
1. Absoluta Masculina: 4 Homes
2. Absoluta Feminina: 4 Mulleres
3. Absoluta Mixta: 2 Mulleres e 2 home
4. Máster 160: 4 membros cuxa suma de idade iguale ou supere os 160 anos. Nesta categoría non haberá limitación en canto a participantes masculinos ou femininos a condición de que se cumpra o criterio de idade.
Inscrición: Poderá realizarse ata o 5 de abril de 2019 ás 23:59 h (Prazo ampliado)
Recollida de Dorsais e chips: Os dorsais poderán recollerse o día da proba ata 30’ antes do inicio da mesma e nas inmediacións da zona de saída.