Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Baralla - O Corgo, sábado 09 xullo 2022

I CARREIRA "CORRENDO POLA VÍA KÜNIG"

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
18K 76 inscritos 18:00 18 km 28/06/2022 5,00 plazas
05/07/2022 10,00
Inscribirme Total: 76 inscritos

O Concello de Baralla, o Concello de O Corgo e a Asociación Cultural Vía Künig organizan a I Carreira CORRENDO POLA VÍA KÜNIG.

A proba organizarase o Sábado 9 de Xullo, con saída dende a Casa do Concello de Baralla e meta no Castro de Castrillón do Concello de O Corgo. 

Participación: A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón dunha condición física suficiente para rematar a proba.

A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira coma ao finalizar a mesma.

O servicio de autobuses comezará ás 16:30, sendo o último servizo ás 17:15h

Inscrición: Ata o martes 5 de xullo ás 23:59 horas.

Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na zona da saída no Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.

Premios  en metálico