Santiago de Compostela, domingo 18 maio 2014

I CARREIRA "CAMIÑO DAS LETRAS"

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
PRESENTACIÓN DA CARREIRA

A 1ª CARREIRA ‘CAMIÑO DAS LETRAS’ quere unir a práctica do deporte coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

Circuítos e horarios

10:30 horas: saída da carreira absoluta (de júnior/promesa a veterano) de 8 km de percorrido polo Camiño de Santiago dende a estrada sen tránsito pegada ó aeroporto da Lavacolla ata o Monte do Gozo. 

Os horarios e as distancias para as carreiras de menores no circuíto do Monte do Gozo son os seguintes:
12:00 h. ALEVÍN-INFANTIL NENAS - 1.200 m aprox. (2 voltas ó circuíto)
12:15 h. ALEVÍN-INFANTIL NENOS - 1.800 m aprox. (3 voltas ó circuíto)
12:30 h. CADETE-XUVENIL NENAS - 1.800 m. aprox. (3 voltas ó circuíto)
12:45 h. CADETE-XUVENIL NENOS - 2.200 m. aprox. (4 voltas ó circuíto)

Categorías 

  • Proba absoluta:
JÚNIOR/PROMESA: atletas nadas/os entre 1992 e 1996
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1991 e ata veteranas/os
VETERANO A: atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANO B: atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANO C: atletas nados no 1958 e anteriores
VETERANA D: atletas nadas entre 1964 e 1979
VETERANA E: atletas nadas no 1963 e anteriores 

  • Proba de menores:
ALEVÍN: atletas nadas/os nos anos 2003 e 2004
INFANTIL: atletas nadas/os nos anos 2001 e 2002
CADETE: atletas nadas/os nos anos 1999 e 2000 
XUVENIL: atletas nadas/os entre 1997 e 1998

Premios e agasallos

  • Todos os participantes recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras.
  • Os 3 primeiros clasificados/as absolutos e de cada categoría recibirán un lote de libros e os vencedores tamén un trofeo.
  • O centro escolar que máis alumnos presente na proba recibirá un trofeo e un lote de libros.
  • O club que máis atletas achegue á carreira recibirá un trofeo.

Recollida de dorsais 
Realizarase no Centro Comercial As Cancelas de Santiago (o 15 e o 16 de maio de 10:00 a 20:00 horas). De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal o día da proba.

Avituallamentos 
Haberá un punto de avituallamento a metade de carreira e outro na meta con auga, bebidas isotónicas, barriñas de chocolate e froita.

Servizos
 Haberá servizo de gardarroupa na saída, servizo de autobuses dende o Monte do Gozo á SAÍDA e servizo de duchas nun pavillón do Monte do Gozo.

OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O MONTE DO GOZO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 09:00 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 10:00 HORAS.