A I Carreira-andaina dos Inocentes 2019 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través da súa Concellería de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3 integrantes.
Toda a recadación do día irá destinada a SOGAPS, (SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI), unha organización NON gubernamental formada por persoas voluntarias que adican parte do seu tempo en colaborar na axuda ao pobo saharaui, pretendendo mellorar as súas condicións de vida, tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sahara Occidental ocupada por Marrocos,
máis información aquí.
LUGAR: A SAÍDA e a META da proba realizarase na Praza de Chavián (Bertamiráns) e a saída será en torno ás 18:40 horas.
IDADE MÍNIMA: non se establecerá idade mínima de participacIón, pero todos os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a andaina ou a carreira.
INSCRICIÓNS: pAata límite o xoves 26 de decembro ás 23:59 horas.
RECOLLIDA DE DORSAIS: realizarase na secretaría de competición situada na carpa da organización (Praza de Chavián - Bertamiráns) o mesmo día da carreira ata media hora antes da proba.
HORARIO
17:30 h Entrega de dorsais e agasallo na carpa organización
18:30 h Sesión de quecemento grupal
18:40 h I Carreira e andaina do Inocente Concello de Ames
19:30 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA
PREMIOS E AGASALLOS:
- Premio as/aos 3 primeiras/os chegadas/os a META
- Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)
- Premio aos 3 mellores disfraces individuais.