Sandiás - Xinzo de Limia, domingo 06 febreiro 2022

CROS DE ANTIOQUÍA 2022

O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Xinzo de Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da Federación Galega de Atletismo. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A.

Celebrarase o domingo 6 de febreiro de 2022 nas instalacións do Hipódromo de Antela e está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
A participación está aberta a atletas federados e non federados.
Para a CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS, que deberán estar formados por 4 atletas (polo menos unha muller), sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres equipos que menos puntos sumen.

INSCRICIÓNS: ata as 23:59 h do mércores 2 de febreiro.
Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo, e nome e apelidos dos 4 atletas que o compoñen (polo menos unha muller).
RETIRADA DE DORSAIS: efectuarase na secretaría de competición o día da proba a partir das 9:45 h.

As carreiras cumprirán en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.