Santiago de Compostela, sábado 24 maio 2014

Corresan Campus Sur

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
PRÓXIMAMENTE

É un pracer presentarvos o “III Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación  sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

Unha iniciativa pioneira en Santiago de Compostela dende o ano 2012. O elevado número de participantes e a expectación xerada na cidade e na comarca, provocou que se conserven as 5 do ano pasado e se repita de novo a exitosa San Silvestre do 31 de decembro.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos contornos da cidade nos que normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.