Arzúa, domingo 23 setembro 2018

II CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA 2018

A II Carreira Popular de Atletismo “Clásica TGM-Toldos Gómez, Arzúa 2018”, organizada por Lena Eventos, celebrarase o día 23 de Setembro do 2018.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo, estará baixo o control técnico do comité galego de xuíces da FGA. Proba oficial con distancia non homologada.

Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

INSCRICIÓNS: ata o 20 de setembro ás 23:59, pechándose definitivamente toda posibilidade de inscrición.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: na secretaría a partir das 9:00 da mañá, ata 30 minutos antes da proba
SERVIZOS
  • Duchas
  • Gardarroupa
  • Avituallamento final (liña de saída, e no punto kilométrico 5 para a 10k)