A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2019 está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o domingo día 12 de maio de 2019.
- A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
- A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS: Populares ata as 23:59 h do día 9 de maio.
ENTREGA DE DORSAIS: efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
CAMPIONATO DE GALICIA DE 10.000 M EN RUTA: As inscricións para o Campionato de Galicia de 10.000 metros en ruta poderanse facer a través do sistema online da web da
RFEA ata ás 20:00 h do martes 7 de maio de 2019. Máis información do Campionato
(Circular 53-2019) Para optar ós premios da carreira popular será necesario facer a inscrición na web www.carreirasgalegas.com e pagar a cuota de inscrición.