O Concello de Ordes celebra a XXV edición da súa Carreira Popular o domingo 12 de xuño de 2022 na localidade de Ordes, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago), formando parte do VIII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o mércores 8 de xuño de 2022 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita a carón da Casa do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO