O Concello de Dodro organiza a Carreira Pedestre de Lestrove 2019 na Rúa Fortunato Cruces (Lestrove) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA
Lugar de saída e percorrido: Saída e chegada Rúa Fortunato Cruces (Lestrove)
Inscricións Prazo: Ata o mércores 13 de novembro de 2019 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
Retirada de dorsais e chips: Na unitaria de Lestrove (sita na R/Fortunato Cruces) o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma. Cronometraxe e control por chip Agás os participantes nas categorías pavóns e pés de millo (non competitivas), os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará integrado no dorsal (non retornables).
Premios:
Na Carreira Pedestre de Lestrove 2019 outorgaranse os seguintes:
- Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Pavón, Pé de Millo, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
- Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
- Medalla Podium para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría feminina e masculina. Excepto categorías Pavón e Pé de Millo ( non competitivas )
- Trofeo para os/as 3 primeiros/as corredores/as locais masculinos e femininos na proba absoluta. ( locais serán aqueles empadroados en Dodro ).
- Trofeo ao club con mais participantes.
- Agasallos: Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e veteráns recibirán un agasallo técnico.
Servizos:
- Servizo de gardarroupa Unitaria de Lestrove
- Vestiarios e Duchas Pavillón Polideportivo de Padrón ( anexo á piscina )
- Aparcadoiros: Complexo Deportivo de Lestrove ( 42º 43´38.80” N, 8º 40´19.80” O ) Zona da feira xunto ó río Sar. ( 42º 44´02.13” N, 8º 39´44.37” O )