A Ramallosa - Teo, domingo 19 abril 2015

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 19 de abril de 2015 a partir das 10:45 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015 - Concello de Teo baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das carreiras será desde o CEIP A Ramallosa. O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuíto de 11 km aprox. a partir da categoría júnior/promesa. O horario e distancias das probas serán os seguintes:

10.45 h PITUFOS 200 m aprox.
10.55 h PREBENXAMÍN 500 m aprox. (1 volta ó circuíto prebenxamín)
11.05 h BENXAMÍN 1000 m aprox. (2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.15 h ALEVÍN 1000 m aprox. (2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.45 h ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS PITUFOS, PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN
12.10 h. JÚNIOR/PROMESA/SÉNIOR e VETERANO 11000 m aprox.
12.20 h INFANTIL – CADETE – XUVENIL 3500 m aprox.
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS DO RESTO DE CATEGORÍAS

INSCRICIÓNS:  ata o mércores 15 de abril ás 22:00 horas 

- Os dorsais recolleranse a partir das 09.30 horas e ata as 10.30 h na secretaría da competición sita no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera, a carón do Colexio Público da Ramallosa.
- Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera e na Piscina Municipal (A Ramallosa).

PREMIOS E AGASALLOS
  • Os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
  • As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JÚNIOR/PROMESA, SÉNIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
  • O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
  • O primeiro equipo federado clasificado na clasificación final.
  • O centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba.
  • O/A primeiro/a clasificado/a de Teo en cada categoría (deberán reflexar a localidade na inscrición).
  • Agasallos para todos os participantes.
  • Bebida para todos os participantes.
  • Os premios non serán acumulativos, excepto os premios ás e ós atletas locais.