Cacheiras - Teo, sábado 21 abril 2018

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2018. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 21 de abril de 2018 en horario de mañá e de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2018 - Concello de Teo.
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo.

HORARIOS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá no parque dos Tilos, a carón da piscina municipal. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais, nais...).
A proba absoluta celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico).
A andaina celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de Montouto (punto xeodésico) co mesmo percorrido ca carreira absoluta.
INSCRICIÓNS: ata o mércores 18 de abril ás 23:59 horas 
RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
  • Probas escolares: a partir das 09.00 horas no lugar de saída (a carón da piscina municipal dos Tilos) e ata 30’ antes da súa proba.
  • Proba absoluta: a partir das 15:30 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización.
  • Andaina: a partir das 15:00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo).
SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA: Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses:
  • Andaina: 16:15 h
  • Carreira absoluta: a partir das 16:15 h, o último sairá ás 17.05 h
SERVIZO DE DUCHAS: Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas nas instalacións da Piscina Municipal dos Tilos para as carreiras escolares e no pavillón dos Tilos para á carreira absoluta.