Teo, domingo 24 abril 2016

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2016 CONCELLO DE TEO

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 24 de abril de 2016 a partir das 10:45 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2016 - Concello de Teo.

A edición 2016 recupera a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que na súa proba absoluta discorrerá polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e remata no cumio de Montouto.