Ourense, domingo 05 maio 2019

CARREIRA DO VINTEÚN. IX CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

CORRENDO POR OURENSE 2019
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular. O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o IX Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
A Comisión Técnica está formada por:
- Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
- Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
- Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
- Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
- José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
- Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
- Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
- Marta Míguez Telle (Coordinadora de deportes do Consello Municipal de Deportes)

O Circuíto “Correndo por Ourense 2019” está integrado por 6 carreiras:

1ª DOMINGO 05/05/2019 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 25/05/2019 CARREIRA DO COUTO (nocturna)
3ª DOMINGO 30/06/2019 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 08/09/2019 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO 29/09/2019 CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 20/10/2019 CARREIRA DA CARBALLEIRA
? Estas probas pertencen ao calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).