Ourense, domingo 23 outubro 2022

CARREIRA DA CARBALLEIRA. X CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 572 inscritos 11:30 5,7 km 19/10/2022 7,00 plazas
SUB 14 E SUB 16 86 inscritos 11:15 1,9 km 19/10/2022 0,00 plazas
SUB 12 E SUB 10 197 inscritos 11:05 1,05 km 19/10/2022 0,00 plazas
PITUFOS 250 inscritos 11:00 0,1 km 19/10/2022 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 1105 inscritos

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o X Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

A organización do circuíto cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 10 de marzo de 2022, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19.

Este regulamento poderá modificarse seguindo as indicacións das autoridades e/ou organismos competentes en materia sanitaria e deportiva, quedando a expensas da situación sanitaria vixente na data da celebración da proba.