Ourense, domingo 21 outubro 2018

CARREIRA DA CARBALLEIRA. VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VIII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

A Comisión Técnica está formada por:
  • Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
  • Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
  • Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
  • Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
  • José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
  • Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
  • Mario González Rodríguez (Xerente do Consello Municipal de Deportes)
  • Roberto Abad González (Coordinador do Consello Municipal de Deportes)
O Circuíto “Correndo por Ourense 2018” está integrado por 6 carreiras:
  • 1ª DOMINGO 22/04/2018: CARREIRA DO VINTEÚN
  • 2ª SÁBADO 26/05/2018: CARREIRA DO COUTO (nocturna)
  • 3ª DOMINGO 24/06/2018: CARREIRA DO CENTRO
  • 4ª DOMINGO 09/09/2018: CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
  • 5ª DOMINGO 30/09/2018:  CARREIRA DA PONTE
  • 6ª DOMINGO 21/10/2018:  CARREIRA DA CARBALLEIRA
Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA
(Delegación de Ourense).

HORARIOS VINTEÚN
12,00h: Pitufos
12,05h: Benxamín, Alevín
12,15h: Infantil e Cadete
12,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster