Narón, domingo 04 novembro 2018

CARREIRA CIDADE DE NARÓN 7 - 14 - 21KM

O Concello de Narón, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo ( delegación de Ferrol) organiza a I Carreira de Tod@s Cidade de Naron 7-14-21 KM por 100.000 motivos de peso. 

A carreira está enmarcada dentro do programa 100.000 motivos de peso, recentemente galardoado como Premio Europeo da Obesidade 2018 como mellor programa de participación pública, na súa loita contra a obesidade e o sedentarismo pretende: 
Que cada persoa que participe no programa reduza un 10% o seu peso durante os dous anos que durará o programa. Ademais, por cada quilo que se consiga baixar, doarase o equivalente en alimentos ao Centro de Recursos Solidarios do municipio, conseguindo así un dobre obxectivo, tal e como indican desde a organización: “a saúde da poboación e a solidariedade con quen ten unha necesidade” 

Inscricións: ata o xoves 1 de novembro ás 23:59 horas.