A “Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico” ADICAM, coa colaboración do Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra organizan a Carreira/andaina “Luces de ADICAM ”, o venres 2 de xuño de 2023 ás 22:30 da noite.
“Luces de ADICAM” consiste nunha carreira e nunha andaina en conxunto (correndo e camiñando), non competitiva, aínda que daremos uns premios aos tres primeiros postos, de modo simbólico, nas dúas categorías de carreira (feminina e masculina).
O percorrido será polo centro urbano de Cangas e terá un total de 5,3 quilómetros aproximadamente. É unha ruta sinxela de baixo nivel para que poida acudir toda a familia. En base a isto, calcúlase que se tarda arredor dunha hora, camiñando, en facela.