O Concello de Carballo organiza o “CARBALLO TRAIL RACE 2022”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e sobre distanzas de aproximandamente 28 Km, e 12 Km na opción curta, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
As carreiras cumprirán en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.
Declaración Participantes CTR 2022
Información Participantes CTR 2022