Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Carballo, domingo 03 febreiro 2019

CARBALLO TRAIL RACE 2019

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL LONGO 3 inscritos 09:30 30 km 29/01/2019 10,00 plazas
Inscribirme Total: 3 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
TRAIL CURTO 0 inscritos 09:30 11 km 29/01/2019 6,00 plazas
Inscribirme Total: 0 inscritos
O Concello de Carballo organiza o “CARBALLO TRAIL RACE 2019”,  proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e sobre distanzas de aproximandamente 30 Km, e 11 Km na opción curta, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA. 
Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia. 

No “CARBALLO TRAIL RACE 2019”, pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 400.
Inscricións: Admítense ate o día 29 de xaneiro de 2019 ou ata acadar as 400 prazas.
Recollida de dorsais: Recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Piscina Vila de Noia, sita na rúa vila de Noia o sábado día 2 de febreiro de 10:00 h. a 13:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. e o día de celebración da proba dende as 7:30 horas.

Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas. A organización disporá autobuses para desprazar únicamente ós  deportistas segundo o seguinte detalle:
  • Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia (Rúa Vila de Noia, 15100 Carballo, A Coruña 43.217265, -8.683704) ate o punto de saída.
  • Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos seus medios á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola organización ó remate da proba.
  • Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia
  • Utilizaranse os vestiarios da Piscina Vila de Noia, próxima á meta.

Avituallamentos.

A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido:
KM 8. Cumio Monte Neme (líquido).
Km 11. Local Social, Cances(Meta trail curto)(líquido + sólido).
KM 20 Muiño da Torre )(líquido + sólido).
KM 25. A Cepeira (Líquido)