Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Desexo facer un donativo para a asociación colaboradora da carreira:

Dorsal 0 Grazas á túa axuda levamos recadados: €47,00

Galicia, sábado 14 novembro 2020

ANEDIA: KILÓMETROS POR LA DIABETES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
PARTICIPACIÓN 27 inscritos 00:00 0 km 14/11/2020 5,00 plazas
Inscribirme Total: 27 inscritos
Este ano 2020, é un ano marcado pola pandemia do  COVID19, pero os que convivimos con diabetes sabemos da importancia de non abandonar o deporte como alicerce fundamental dunha vida saudable.
Por iso desde  ANEDIA (Asociación de nenas,  nenos e  xente  nova con diabetes de Galicia) decidimos sumarnos a un reto con máis asociacións, que se celebrará en toda España coa Fundación Diabetes Cero (dedicada á investigación da diabetes tipo1) , Diabetes Madrid e moitas outras asociacións de diabetes de toda España.
A Volta a España pola diabetes
A situación actual obrigounos a todos a adaptarnos rapidamente e aprender a xestionar as nosas actividades de forma diferente.
Por iso imos desenvolver un reto virtual de 2 meses de duración, co obxectivo de ofrecer unha experiencia saudable, única e diferenciadora aos seus participantes, ademais de captar fondos, xerar impacto, relevancia e notoriedade na sociedade.