A CARREIRA QUE NUNCA PARA: QUILÓMETROS DE VIDA, promovida por Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares ( ASOTRAME), é un evento que consta de 10 roteiros, de aproximadamente 5km cada unha, distribuídas por diversos municipios de Galicia.
Os participantes poderán inscribirse nos roteiros que máis atractivas parézanlles, podendo realizar un só roteiro, ou as dez.
O evento terá lugar a partir do 14 de xaneiro, ata o domingo 31 de decembro de 2021.
- A inscrición no evento leva consigo o abono dun donativo por valor de 3€ (tres euros) por roteiro.
CAUSAS SOLIDARIAS: Con este evento deportivo Asotrame pretende sensibilizar e difundir a importancia da doazón de medula ósea á vez que fomentar os hábitos saudables, apostar por unha vida sa e instaurar nos máis pequenos valores como a superación e o esforzo.
En concreto, o recadado na CARREIRA QUE NUNCA PARA: QUILÓMETROS DE VIDA POLA INVESTIGACIÓN, irá destinado para o proxecto ADIANTHE do grupo de oncohematología do Servizo de Hematoloxía do CHUS. Esta carreira que nunca para supón axudar a conseguir fondos para financiar a liña de investigación "Aplicación e Desenvolvemento de Intelixencia Artificial en Tumores Hemátologicos”.