A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 57º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL, a disputar o 23 de decembro de 2018 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
Inscrición: O prazo para a inscrición péchase o día 20 de decembro.
Entrega de dorsais: Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 23 de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na secretaría da competición, situada no «Mesón Compostela», na Mesma Praza de Compostela.
Servizos: Haberá servizos de consigna e duchas no Real Club Náutico.
Premios:
Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios en metálico para a carreira absoluta de 5 km:
1º 300 €, 2º 150 €, 3º 100 €
1ª 300 €, 2ª 150 €, 3ª 100 €