Vigo, domingo, 24 de decembro de 2017

56º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO)

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 487 inscritos 11:15 5 km 21/12/2017 5,00 plazas
SUB 16 37 inscritos 11:00 2,58 km 21/12/2017 0,00 plazas
SUB 14 36 inscritos 10:50 1,94 km 21/12/2017 0,00 plazas
SUB 12 29 inscritos 10:40 1,29 km 21/12/2017 0,00 plazas
SUB 10 29 inscritos 10:30 0,64 km 21/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 618 inscritos

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 56º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL, a disputar o 24 de decembro de 2017 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
  •  Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. Non poderán participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros *
Inscrición: O prazo para a inscrición péchase o día 21 de decembro (prazo ampliado)
Entrega de dorsais: Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 23 de 9:30 a 13 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na secretaría da competición, situada no «Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela.
Premios: Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios en metálico para a carreira absoluta de 5 km:
  • da carreira masculina:  1º 300 €, 2º 150 € e 3º 100 €
  • da carreira feminina:  1ª 300 €, 2ª 150 € e 3ª 100 €