Vigo, domingo 18 decembro 2016

55º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO)

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10KM (SEN - VET) 339 inscritos 11:00 10 km 14/12/2016 7,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 339 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5KM (XUV-JUN-SEN/VET) 131 inscritos 11:00 5 km 14/12/2016 5,00 plazas
INF - CAD 40 inscritos 10:45 2 km 14/12/2016 0,00 plazas
BENX - ALEV 52 inscritos 10:30 1 km 14/12/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 223 inscritos

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria de Vigo, organiza o 55º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2016), a disputar o 18 de decembro en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. 

Inscrición: O prazo para a inscrición péchase o día 14 de decembro ás 24 horas.
Entrega de dorsais: Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 17 de 9:30 a 13 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na Secretaría da Competición, situada no «Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela.
Servizos: Duchas e consigna que estarán situadas no Real Club Náutico.
Premios
  • Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e sexo establecidas en cada carreira.
  • Establécense ademais os seguintes premios para a carreira absoluta de 10 km: un pavo á gañadora absoluta e gañador absoluto, así como os premios en metálico da carreira masculina:  1º 300 €, 2º 150 €, 3º 100 € e da carreira feminina: 1ª 300 €, 2ª 150 €, 3ª 100 €