O Club Atletismo Rúa organiza a “V Carrera e Andaina Contra o Cancro”. Conta coa colaboración do Concello da Rúa de Valdeorras.
PROBA DEPORTIVA SOLIDARIA
LUGAR DE SAÍDA/CHEGADA E PERCORRIDO: Con saída e chegada no mesmo lugar, será no pavillón do Aguillón A Rúa.
O circuíto constará dunha volta de 8.300 metros aproximadamente sen desnivel, apto para todos os públicos.
INSCRICIÓN: ata as 23:59 horas do 28 de abril de 2023.
RETIRADA DE DORSAIS: Realizarase pavillón do Aguillón da Rúa o 30 de abril do 2023 ata 30 minutos antes de cada saída.
Habilitarase un dorsal 0 para todo aquel que queira achegar á AECC se non pode vir ao evento.