Pontevedra, domingo 17 outubro 2021

XXXIX GRAN FONDO CAIXABANK XXVI MEDIA - II 10 K

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo 17 de outubro de 2021, a partir das 10:00 h o “XXXIX Gran Fondo - XXVI Medio Maratón
– II 10K Pontevedra 2021”. O 10 K. con saída ás 10:00 h. e o medio maratón as 10:30 h.

PARTICIPANTES: Poderán participar todas aquelas persoas con 18 anos (o día da proba) ou máis, que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de 400 participantes no 10 K. e de 600 no medio maratón. A organización resérvase 20 prazas a para deportistas convidadxs.
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 horas do día 8 de outubro de 2021 e non se admitirán inscricións posteriores.