Brión, sábado 01 outubro 2022

39º CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA. VIII CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DA CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 10K 195 inscritos 18:00 10 km 28/09/2022 5,00 plazas
SUB 14 E SUB 16 48 inscritos 17:30 2 km 28/09/2022 0,00 plazas
SUB 12 49 inscritos 17:15 0,7 km 28/09/2022 0,00 plazas
SUB 10 61 inscritos 17:00 0,7 km 28/09/2022 0,00 plazas
SUB 8 72 inscritos 16:45 0,4 km 28/09/2022 0,00 plazas
PITUFO 64 inscritos 16:30 0,1 km 28/09/2022 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 489 inscritos

O Concello de Brión, coa colaboración do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a XXXIX edición da súa carreira popular o sábado 1 de outubro de 2022 a partir das 16:30 horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do Campo de Fútbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.

Poderán participar atletas tanto federados como non federados.

Inscricións:  realizaranse ata o 28 de setembro ás 23:59h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.

Recollida de dorsais: poderá realizarse o venres día 30 de Setembro (opción recomendada) na Casa da Cultura do Concello de Brión en horario de 9 a 14 e de 16 a 20h. e o propio día da carreira dende as 16h. ata 30 minutos antes do inicio da proba nas inmediacións da liña de saída.

A proba absoluta da XXXIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA realizarase sobre un circuíto de 5.000m. aprox. (98% asfalto e 2% terra en bo estado) ao que se lle darán dúas voltas para completar un total de 10.000m. aprox. En canto aos circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal do Concello de Brión.

Ao finalizar a proba todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido na liña de meta.