Miño, domingo 13 maio 2018

2ª CARRERA POPULAR "PLAYA DE MIÑO"

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 204 inscritos 11:10 10 km 09/05/2018 6,00 plazas
SUB 16 E SUB 18 9 inscritos 10:00 3 km 09/05/2018 2,00 plazas
SUB 14 10 inscritos 10:20 2 km 09/05/2018 2,00 plazas
SUB 12 20 inscritos 10:35 1 km 09/05/2018 2,00 plazas
SUB 10 47 inscritos 10:45 0,7 km 09/05/2018 2,00 plazas
PREBENXAMÍN E BIBERÓNS 138 inscritos 10:55 0,1 km 09/05/2018 1,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 428 inscritos

Galea  Sport  Karate Club organiza a II Carreira Popular 10 K “Praia de Miño” no Concello de Miño (provincia da Coruña) baixo o control técnico da Federación  Galega de Atletismo, a través da súa delegación na Coruña.
A proba estará aberta a todas as persoas que desexen participar, sexan atletas federados ou non federados, e o seu carácter será popular, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

LUGAR: A proba, tanto en categoría escolar como en categoría absoluta, disputarase na contorna da praia de Miño, na costa do concello de Miño.
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición para todas as categorías será o mércores 9 de maio ata as 23:59 h. Non se farán inscricións presenciais o día da carreira.
RECOLLIDA DE DORSAIS: As persoas participantes poderán retirar os dorsais o venres 11 de maio e/ou o sábado 12 de maio na tenda de  Galea  Sport Miño (R/  Galea, 10, baixo - Miño) en horario de 10:00  h. a 13:30  h. e 17:00  h. a 20:00  h.
Ademais, o propio día da carreira, poderanse retirar os dorsais na zona de SAÍDA/CHEGADA, desde as 9  h. da mañá ata as 10:30  h. 
AVITUALLAMIENTOS: Existirán puntos de  avituallamiento, con  avituallamiento líquido intermedio e sólido ao finalizar a carreira de cada categoría, para todos os participantes. Servirase auga,  isotónico,  barrita enerxética e unha peza de froita.
DUCHAS, VESTIARIOS E GARDARROUPA: Tanto previamente ao comezo das carreiras como á finalización das mesmas estarán dispoñibles para o seu uso por parte dos corredores as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal do concello de Miño.
TROFEOS E PREMIOS 
  • Todos os participantes a partir da categoría  benjamín recibirán como recordo da proba unha camiseta.
  • Todas as nenas e nenos participantes nas categorías biberón e  prebenxamín recibirán medalla ao finalizar a proba.
  • As tres primeiras persoas clasificadas de todas as categorías tanto masculina como feminina (agás prebenxamín e biberóns)
  • Haberá trofeo para a 1ª muller clasificada e para o 1º home clasificado empadroado no  concello de Miño.