Ourense, domingo 25 febreiro 2018

2ª ANDAINA DE OURENSE C.F

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 25 inscritos 10:00 12 km 22/02/2018 3,00 plazas
ANDAINA ATA 16 ANOS 13 inscritos 10:00 12 km 22/02/2018 3,00 plazas
SUB 14 0 inscritos 10:30 0,8 km 13/06/2018 0,00 plazas
SUB 14 0 inscritos 10:30 0,8 km 13/06/2018 0,00 plazas
Inscribirme Total: 38 inscritos

O Ourense Club de Fútbol,  SAD, mercé ao acordo de colaboración subscrito con Cruz Vermella Ourense, celebrará enmarcada dentro do seu programa social “Ourense de dez”, a segunda edición da súa  andaina solidaria, que terá lugar o domingo día 25 de febreiro de 2018 en Ourense.

  • O circuíto que se estenderá na contorna das marxes do Río Miño, constará dun trazado dun 12 Km aproximadamente, estando situada a saída e a meta na zona de  Oira, fronte ao restaurante  Oira Praia. 

DESENVOLVEMENTO DA  ANDAINA: A saída da  andaina será ás 10:00. Todos os participantes deberán situarse na liña de saída 5’ antes da hora prevista co dorsal debidamente colocado.  Darase por finalizada a  andaina coa chegada do último participante ou ao cumprirse as 3 horas desde o inicio da proba.

INSCRICIÓNS: ata as 23:59 h do xoves 22 de febreiro.

RETIRADA DE DORSAIS: poderá realizarse na semana previa ao evento, nas oficinas do Ourense  C. F, en horario de 17:00 a 21:00 horas. Agradeceríase que a retirada se realizase entre o luns e o venres anterior á carreira. Quen non poida retirar o seu dorsal eses días, poderá recollelo na saída da  andaina o mesmo día 25 de febreiro ata unha hora e media antes do comezo da mesma.