Vigo, domingo 11 novembro 2018

12ª CARREIRA POPULAR VIGO +11

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Concello de Vigo, organizan a 12ª Carreira Popular VIGO+11, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces
Aproba está incluída no circuíto RunRunVigo do Concello deVigo. 
Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada
Avituallamento: Para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, fronte a Barreras
Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, presencialmente en Deportes Athletics, Avenida de Balaídos 2, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.
Prazo de inscrición: ata o día 7 de novembro ás 24:00 (20:00 no caso das presenciais). Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.
Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2) 10 de novembro, desde as 10:00 ás 21:00 horas e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.
Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e recibirán un detalle en meta todos.
Premios en metálico (carreira 10 km):
300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta feminina
150 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta feminina
100 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta feminina