Santiago de Compostela, domingo 16 abril 2023

OS 10000 PREGRINOS 10K DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10K 596 inscritos 16:30 10 km 13/04/2023 0,00 1300 plazas
Inscrición finalizada Total: 596 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5K 376 inscritos 18:00 5 km 13/04/2023 0,00 800 plazas
Inscrición finalizada Total: 376 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
2K 85 inscritos 19:15 2 km 13/04/2023 0,00 600 plazas
Inscrición finalizada Total: 85 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 109 inscritos 18:05 - 13/04/2023 0,00 300 plazas
Inscrición finalizada Total: 109 inscritos

A Deputación da Coruña organizará coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, o vindeiro 16 de abril de 2023 a proba “Os 10000 peregrinos da Deputación da Coruña”, unha proba que entra dentro da especialidade de atletismo en ruta e que constará das seguintes probas:

Esta proba celebrarase coa intención de impulsar a participación entre os nenos/as, mozos/as e maiores da provincia da Coruña, creando unha proba de gran relevancia no atletismo provincial e autonómico, para fomentar e promocionar o deporte en xeral a través da práctica do pedestrismo, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha proba única na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida a  desde os máis xoves ata os de maior idade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 12 de abril de 2023. Cada participante só se poderá inscribir nunha das probas ofertadas. 
LUGAR DE SAÍDA E META: 
O 10K Deputación da Coruña celebrarase en Santiago de Compostela na tarde do 16 de abril de 2023. 
A saída de todas as probas será desde a rúa  San Francisco. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro.
ENTREGA DE DORSAIS: 
  • Lugar: PRAZA DO OBRADOIRO
  • Horarios e días:
        Sábado 15 de abril de 10:00 a 20:00 horas
        Domingo 16 de abril de 10:00 a 16:00 horas e ata 45’ antes da saída de cada proba