Marín, sábado 28 xullo 2018

10 KILÓMETROS MARÍN - ENCE. MANUEL ROSALES- CAMPIONATO DE GALICIA 10K

Concello de Marín e Dsport Event AD organizarán o vindeiro sábado 28 de xullo de 2018 os “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO ENCE”. Que será á súa vez Campionato de Galicia Sub 20, Sub 23, Máster e Absoluto de 10K en ruta.

CIRCUÍTO: Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra->Marín-> Bueu) ata E. Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO313.
RECOLLIDA DE DORSAIS: o sábado día 29, ata 45 minutos antes da salida na secretaría de competición (Concello de Marín)
CONTROL TECNICO DA CARREIRA: A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 
INSCRICIÓNS E PRAZOS: Ata o mércores 26 de Xullo 2018 ás 13:59h o custe será de 8 € (peche definitivo) da proba popular.

Para o campionato de Galicia realizaranse no ligazón RFEA e terán que ser os clubes os que inscriban no Campionato aos seus atletas, o prazo remata o martes 24 de xullo ás 20:00h. A inscrición no Campionato será gratuíta, pero o atleta que non se inscriba no “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO ENCE” perderá a opción a recibir o agasallo técnico nin optar a calquera tipo de premio da carreira popular. Máis información na Circular 73-2018 do Campionato